Monday 20 de May de 2024

Charla a inmigrantes sobre os pasos para adquirir a nacionalidade española


A sede do Departamento de Servizos Sociais de Riveira foi escenario dunha charla informativa dirixida a persoas emigrantes acerca dos pasos que hai que dar para adquirir a nacionalidade española de acordo coa lexislación vixente.

Asistiron unha vintena de persoas, procedentes de diferentes países como Marrocos, Mauritania, Ucrania ou Porto Rico, entre outros.

A actividade tivo tres horas de duración e para a súa posta en marcha contouse coa colaboración da Fundación Humanismo e Democracia.